lunes, 19 de diciembre de 2011

REVALORIZACIÓN NO MAB

Imaginarium, con unha revalorización do 7,3%, é o valor que máis avanza (encóntrase na actualidade no período do ano con maior concentración de vendas e anuncióu novos productos para a campaña do nadal), mentras que Neuron Biopharma (-10,3%) é o valor que maior retroceso experimenta, levándose parte das ganancias que registróu no pasado mes de novembro.
Bodaclick que se revaloriza un 4,3% no presente mes, con escaso volumen de negociación, presentóu a evolución das súas vendas no terceiro trimestre. Esta compañía informa de un parámetro, “vendas axustadas” que non é equivalente as vendas contables devengadas, pois significa o volumen dos contratos firmados con independencia do prazo de execución. Según a información suministrada pola compañía, as vendas crecen un 29% (tanto no trimestre como no acumulado do 2011), con un crecimiento do 49% nos mercados internacionais, destacando a positiva evolución de Brasil e máis Italia. No obstante, por volumen de vendas, México sigue sendo o principal mercado exterior. A compañía non informa de outras aspectos da conta de resultados. Hai que recordar, que as compañías que cotizan no MaB solo teñen obrigación de información semestral, non trimestral como no mercado contínuo.

Outra operación de interés producida nas empresas que cotizan no MaB (de feito todavía está nalgunha das fases do período de execución), é a escisión do negocio de I+D farmacéutico de Ab-Biotics nunha nova compañía, AB-Therapeutics. Os accionistas de AB Biotics, con cargo a prima de emisión, poden optar por recibir accións desta nova empresa a razón dunha participación por cada trece accións, ou ben 0,152 euros en efectiv por acción. O 74,6% do capital decidéuse polas accións mentras que o resto elixéu a percepción en efectivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario