miércoles, 1 de febrero de 2012

GALCHIMIA: NOVA SAÍDA A COTIZACIÓN

Hoxe anuncióuse a intención de sair a cotizar no mercado alternativo bursátil (MAB), da empresa biotecnolóxica galega GalChimia.

GALCHIMIA nace como unha "spin-off" da Universidad de Santiago de Compostela creada no ano 2001, dedicada ó análise e preparación de productos químicos e a realización de tarefas de asesoramento científico, consultoría técnica e apoio a investigación básica e tecnolóxica no campo da química. Con este obxectivo, GALCHIMIA presta servicios de desenrolo de procesos, síntesis a medida de productos químicos e investigación baixo contrato.

Actualmente, GALCHIMIA conta con máis de 80 clientes, entre os que se atopan compañías como Almirall, Palau Pharma, Esteve. A plantilla da empresa está formada por 24 empregados, dos cais 9 son doutores, 11 son licenciados e 4 son técnicos.

O longo da súa traxectoria, recibéu varios premios: Premio Uniemprende da USC (2002), Premio Ideas María José Jove (2003) da Fundación Galicia Moderna e o premio transfronteirizo a excelencia empresarial na modalidade de innovación (2008) da Confederación de Empresarios de Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario